INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

Mostrando entradas con la etiqueta martes4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta martes4. Mostrar todas las entradas

lunes, junio 15

4º MARTES 16 XUÑO

LINGUA GALEGA



Le con atención a seguinte noticia e contesta as preguntas.




NATURAIS
Mira con atención o seguinte vídeo para saber que é e como funciona o aparato excretor!


INGLÉS

Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P. .

lunes, junio 8

4º MARTES 9 XUÑO

LINGUA GALEGA

O seseo e a gheada


Mira con atención o seguinte vídeo.




Agora le este texto e contesta as preguntas. Terás as solucións o vindeiro venres pola tarde.




NATURAIS


Le con atención a ficha e mira o vídeo para descubrir algunhas curiosidades sobre o sistema circulatorio. 






INGLÉS
Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P. .

lunes, junio 1

4º MARTES 2 XUÑO

LINGUA GALEGA

Le con atención o seguinte texto e contesta as preguntas. Terás as respostas no solucionario semanal o venres pola tarde. 




NATURAIS

Le con atención a seguinte información sobre o aparato circulatorio e reflexiona ou investiga para responder á seguinte pregunta:
  • Por que algúns vasos sanguíneos se representan en azul e outros en vermello?


INGLÉS

Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.

martes, mayo 26

4º MARTES 26 MAIO

LINGUA GALEGA

Le con atención e responde as preguntas:




As respostas a estes exercicios estarán publicados na lapela "Solucionario semanal 4º E.P".

NATURAIS

Agora que xa sabemos como está formado o noso sistema respiratorio e como funciona, podemos entender mellor como afecta o covid-19 aos pulmóns.
Escoita ao doutor con atención para responder as preguntas. 




INGLÉS



Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.

martes, mayo 19

4º MARTES 19 MAIO

LINGUA GALEGA

Continuamos coa comida e a alimentación. Nesta ocasión en lingua galega.

Le con atención o seguinte texto e responde ás preguntas. Terás todas as solucións o vindeiro venres pola tarde premendo na lapela "Solucionario semanal 4º E.P"






C. NATURAIS

Continuamos co aparato respiratorio, que é o encargado da respiración, sabes como se produce? Le con atención e mira o vídeo para faces os teus pulmóns caseiros
Envía unha foto ou vídeo moi breve ao correo: cuartobsr@gmail.com.






INGLÉS

Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.

martes, mayo 12

3º e 4º MARTES 12 DE MAIO

3º E 4º MARTES 12 DE MAIO

Hoxe propoñémosvos dúas tarefas relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas. A primeira consiste nun "Escape room" dixital que faredes trala lectura da biografía do autor homenaxeado. A segunda proposta consiste en representar unha portada dun libro que vos guste e que será conxunta de todo o cole. A continuación tedes a explicación de cada unha:



1ª TAREFA 


Le con moita atención a biografía de Ricardo Carvalho Calero 


Imaxe extraída www.aspitas.gal


   Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo que tiveron cinco fillos máis.
   Ricardo realizou os seus primeiros estudos en Ferrol. Fixo o Bacharelato por libre e os estudos universitarios en Compostela.
   En 1933 casou en Lugo con María Ignacia Ramos Díez, compañeira de estudos universitarios e licenciada en Historia.
   Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, onde coincidiu con Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas...Colaborou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... e é autor de libros de investigación sobre a nosa literatura e o noso idioma.
   O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando republicano. Unha vez terminado o conflito, foi encarcerado, condenado por separatista . En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo)
   En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e como profesor contratado á universidade compostelá, da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.
   Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.
   É autor de Gramática elemental del gallego común e de obras de teatro, poesía e novela.
   Ingresou na Real Academia Galega (RAG) o 17 de maio de 1958 e o seu discurso tratou sobre Rosalía de Castro.

   Pola súa defensa do idioma galego e da nosa cultura, a RAG dedícalle este ano o Día das Letras Galegas.





Agora xa estades preparados e preparadas para resolver o misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero con este xogo de Genially. Tede paciencia para atopar as chaves e a ver se descubrides que agochan os números que vos dan, adiante!








        2ª TAREFA
         Desde o centro pretendemos celebrar xuntos e cunha tarefa común o día das Letras Galegas.
          Consiste en que elixades un libro en galego, o que máis vos guste, e representedes a portada. Podedes facela vós mesmos ou coa vosa familia se vos animades :

👉Disfrazándovos ou caracterizándovos dos personaxes con accesorios, maquillaxe, vestimenta…

👉Ou reproducindo a portada de maneira plástica cunha pintura, un collage ou con cousiñas que tedes por casa: monecos, pezas…

Coas fotografías recibidas farase unha montaxe para publicala na páxina web do cole.
        ANIMÁDEVOS!

Teredes de prazo para facer a vosa portada ata o xoves día 14, data máxima na que poderedes enviar unha foto en formato jpg á dirección de correo electrónico da vosa aula.



INGLÉS
Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela do teu curso.

martes, mayo 5

4º MARTES 5 DE MAIO

LINGUA GALEGA


Le o seguinte poema e fai os exercicios. Lembra, terás publicadas as solucións simplemente premendo na lapela "Solucionario semanal 4º E.P"






C. NATUREZA


Que sabes sobre o teu aparato respiratorio? Le con atención a seguinte imaxe e recorda o que sabes, a próxima semana profundizaremos no seu funcionamento.

Investiga se o precisas e responde ás seguintes preguntas con Verdadeiro ou Falso na túa ibreta. O venres teredes as solucións.


  1. Os pulmóns fan que o sangue se mova por todo o corpo.
  2. Os pulmóns transportan osíxeno por todo o corpo.
  3. Tomamos aire unha media de 200 veces por minuto.
  4. Os pulmóns funcionan mellor se facemos exercicio.
  5. As persoas con asma teñen dificultades coas súas pernas.
  6. Non se pode vivir cun só pulmón.
  7. A bronquitis é unha enfermidade dos pulmóns.




INGLÉS

Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.



martes, abril 28

4º MARTES 28 ABRIL

LINGUA GALEGA


Esta semana profundizaremos un pouco sobre o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Le o seguinte texto:  





Agora pensa...
·        Cres que todos os traballos son iguais de seguros?
·        Viches  recentemente no telexornal algunha noticia sobre a seguridade no traballo? Cal?
·        Coñeces a alguén que teña un traballo perigoso? Por que?
·        Se tiveras que deseñar ti o cartaz para a Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo para o vindeiro ano, como o farías? Anímate a debuxalo! 


C.NATUREZA


Le con atención a seguinte ficha e fai a túa maqueta do sistema dixestivo, podes utilizar material de refugallo ou todo o que atopes por casa.
Deixo algún exemplo para que tomes ideas. Tes unha semana para facela, cando a remates envíame unha foto!
Direción: cuartobsr@gmail.com
Asunto: maqueta_nomecurso (maqueta_Iria4ºA)


 





INGLÉS


Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.

martes, abril 21

4º MARTES 21 ABRIL

L.GALEGA

Ficha de comprensión lectora: Museo do Pobo Galego.

As respostas ao exercicio número 1 son automáticas pero de todos xeitos publicaremos as solucións o venres pola tarde. 
Os exercicio número 2 é de resposta curta, tamén se publicará a resposta o venres. 
O exercicio número 3 é de resposta persoal. Podes facelo a ordenador, nun folio e fotografialo...como queiras! Despois, envíallo aos titores seguindo o exemplo:

Asunto: REFAIXO-NOME (Exemplo: “REFAIXO- PEPIÑA)


Se eres alumno/a de 4ºA: cuartoasanroque@gmail.com


Se eres alumno/a de 4ºB: cuartobsr@gmail.com 




C. NATURAIS

Le o seguinte texto sobre o sistema dixestivo e fai as actividades que, tanto si eres alumno de 4ºA como de 4ºB debes enviar ao correo electrónico cuartobsr@gmail.com  indicando no asunto: dixestivo1_nome_curso (Exemplo: dixestivo1_Sara_4ºB).
Podes facelo a ordenador ou nun folio ou libreta e fotografialo...como queiras!






INGLÉS


Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.