INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

viernes, julio 3

Tarefas verán 4º

Esperamos que estedes a pasar un bó verán!

Deixámosvos por aquí algúns recursos para os que queirades traballar un pouquiño durante as vacacións; trátase de tres cadernos de lengua castelá, escollede o que mellor se adapte a vós. Recordade que as mates as podedes practicar no caderniño que vos quedou sen rematar, e non esquezades ler un chisco cada día!

Vémonos en setembro, desfrutade moito!









viernes, junio 19

3º VENRES 19 DE XUÑO

TAREFA TITORAS DE 3º DO VENRES 

😊Hoxe é o último día de cole virtual. Si, parece estraño dicir isto, pero aínda que este ano foi moi distinto ao que estabamos acostumados/as, estamos seguras de que en setembro voltaremos a poder estar xuntos/as.

😊Agradecemos a todas as familias do noso alumnado o esforzo realizado durantes estes meses. Sabemos que foi moi complicado para todos/as. Gracias pola paciencia e a adicación nesta nova rutina diaria e axudar aos vosos fillos/as en todas as tarefas encomendadas. Foi un novo reto para toda a comunidade educativa. 

😊Desexamos que descansedes, xoguedes e desfrutedes da vosa familia e dos vosos amigos/as. Desconectade! Non os esquezades de ler todos os días un pouquiño e de axudar na casa a facer as tarefas básicas.

HOXE NON HAI TAREFA, XA QUE É O ÚLTIMO DÍA DE COLE. SE ESTIVESEMOS NO COLE FARÍAMOS UNHA FESTA DE DESPEDIDA MAIS COMO NON É ASÍ, DEIXÁMOSVOS A MAÑÁ LIBRE. 

AÍNDA ASÍ, SE ALGÚN/HA DE VÓS QUERE VER UN DOCUMENTAL CHULO AQUÍ VOLO DEIXAMOS.

DOCUMENTAL SORPRESA🙉🐤🐧🐦🐹🐸🐷🐶🐟


AVISO DE INTERESE:

O venres 26 de xuño é o día de recollida do voso material escolar e do boletín de notas que se estipulou no centro para 3º de E.Primaria. O horario de recollida para 3º de Primaria é o seguinte:

👉"3º A" EDUCACIÓN PRIMARIA: VENRES 26 DE XUÑO DE 09:30H A 11:30H.

👉"3º B" EDUCACIÓN PRIMARIA: VENRES 26 DE XUÑO DE 11:30H A 13:30H.

Por favor, tede en conta este horario xa que, se non o respectades non poderedes subir a recoller o material a deshora.

Bo verán! 

jueves, junio 18

4º VENRES 19 XUÑO

Queridos nenos e nenas,

Hoxe é o último día de curso. Un curso que nin vós nin nós vamos a esquecer. No día de hoxe remata o voso traballo e comezan as tan desexadas e merecidas vacacións de verán.

En primeiro lugar gustaríanos agradecervos o gran traballo que fixestes estes meses na distancia. Sabemos que non é doado traballar dende casa e moito menos cando non podíamos saír nin a dar un paseo. Fixéstelo xenial e estamos moi orgullosos de vós.

Queremos tamén agradecer e valorar o esforzo, comprensión e cariño que amosaron os vosos pais e nais (avós, avoas, irmáns maiores...) e que fixeron que esta aventura das clases a distancia fose posible.

Estamos desexando vervos o vindeiro curso e que todo volte á normalidade, pero para iso aínda faltan case tres meses. Por tanto debedes facer un último esforzo e non deixar a un lado a escola porque senón en setembro vaivos a custar máis.

Son cousas doadas e que non levan moito tempo:

- Lede. Lede o que sexa: xornais, revistas, libros, contos, receitas, as etiquetas dos champús, a publicidade do buzón, as instrucións da lavadora...pero non perdades o hábito. A lectura é a porta ao coñecemento.

- Escribide. Escribide o que sexa: contos, poemas, receitas, cartas aos vosos amig@s, cartas da amor,chistes malos, listas de cousas que queredes facer, diarios, a lista da compra... pero non perdades o hábito.

- Repasade as tablas de multiplicar e as operacións básicas: medide o perímetro das cousas, sumade os precios do tickets da compra a ver se non vos enganaron...facédeo como queirades pero non perdades o hábito. A vindeira semana darémosvos o cuadernillo de matemáticas e podedes rematalos durante as vacacións. Publicaremos tamén neste mesmo blog tarefas de lengua para quen, voluntariamente, queira facelas durante o verán.

Por último queremos darvos unhas informacións de importancia:

xoves 25 de xuño é o día de recollida do voso material escolar e do boletín de notas que se estipulou no centro para 4º de E.Primaria. O horario de recollida para 4º de Primaria é o seguinte:

👉"4º A" EDUCACIÓN PRIMARIA: XOVES 25 XUÑO DE 09:30H A 11:30H.

👉"4º B" EDUCACIÓN PRIMARIA: XOVES 25 DE XUÑO DE 11:30H A 13:30H.

Por favor, tede en conta este horario xa que, se non o respectades non poderedes subir a recoller o material a deshora.

Se algunha familia non puidese acudir á recollida, darásevos indicacións máis adiante para que o poidades recoller nun período extraordinario.

Traede convosco unha bolsa grande ou mochila para portar todo e a mascarilla. 




Desexámosvos que pasedes un verán estupendo e que teñades moitísima saúde, que como xa se viu, é o máis importante do mundo.

Unha aperta xigante.

Rebeca e Diego.



PD: Sí, tedes a mañá libre. Podedes empregala no que prefirades pero se non sabedes como, ide á entrada de onte e lede un pouquiño. Visitade tamén o blog de música que a profe Sara tamén ten algo que contarvos.




MÚSICA

Visita https://roquenroll.wixsite.com/roquenroll, e na lapela “Recursos Ed. Primaria” escolle 4º E.P.