INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

domingo, abril 19

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS


Estimadas familias:

A partires desta semana a distribución horaria e de materias coa que adoitábamos traballar mudará a unha nova tratando de seguir as pautas que a Administración traslada e á espera da publicación da normativa estatal correspondente.

Por unha banda, os contidos que se proporán terán carácter de repaso ou ampliación: Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

Asemade, e presumiblemente, o curso continúa de xeito “ordinario” e a terceira avaliación levarase a cabo nos seguintes termos: A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

Por este motivo, e reservando a posibilidade de que as instruccións poidan mudar de novo, dende os equipos docentes propoñemos unha distribución horaria distinta que contemple as medidas arriba expostas. 

As principais novidades son as seguintes:

1. As tarefas serán diarias e curtas.

2. A distribución diaria e por materias será igual para toda a etapa de Educación Primaria e seguindo este horario de traballo:




3. Algunhas tarefas consideradas máis importantes, serán correxidas polos profesores. Nese caso, aparecerá debidamente  especificado o exercicio en concreto a realizar e o enderezo de correo a onde se debe enviar. 

4. É importante que se envíen SOAMENTE os exercicios que propón o profesorado. O resto de actividades/exercicios serán de autocorrección.

5. Todos os venres pola tarde subiranse ao blogue as solucións aos exercicios de cada materia proposta polos titores. Simplemente hai que premer  nas lapelas “Solucionario semanal 3º E.P” ou “Solucionario semanal 4º E.P”, que aparecerán inmediatamente debaixo da lapela “VENRES”.



6. A data de entrega das  tarefas propostas para corrección tamén serán os venres a fin de que o alumnado poida traballar sen agobios durante a semana. Agradeceríamos  moito que se respetasen estas indicacións para facilitar as correccións e a organización do profesorado.

7. Non é preciso, se non queren,  que os nenos creen unha conta de correo electrónico. Poden empregar a dos pais/nais simplemente indicando no asunto do correo electrónico o exercicio, o nome e o curso. Por exemplo: FICHA MULTIPLICACIÓNS- PEDRO - 4º A. De todos xeitos, toda esta información aparecerá detallada cando sexa necesario enviar algo por correo electrónico. 
 
7. As materias correspondentes ás especialidades de Educación Física, Educación Musical e Inglés teñen o seu propio blogue. Así como,un blogue específico para: Educación Artística, Audición e Linguaxe e Refórza-T. Este listado aparecerá na columna lateral do noso blogue e ademáis aparecerán os enlaces correspondentes para cada día simplemente premendo no día da semana correspondente



8. Por último, os profesores que empreguen ferramentas que precisen de claves de acceso, usuarios ou contrasinais poranse en contacto coas familias.


Agardamos que esta publicación despexe as posibles dúbidas que puideran ter sobre a nova organización. Se non fose así contacten con nós a través de AbalarMóbil e contestarémoslles na maior brevidade posible. 

Un saúdo.

Segundo Ciclo



No hay comentarios:

Publicar un comentario