INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

martes, mayo 12

3º e 4º MARTES 12 DE MAIO

3º E 4º MARTES 12 DE MAIO

Hoxe propoñémosvos dúas tarefas relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas. A primeira consiste nun "Escape room" dixital que faredes trala lectura da biografía do autor homenaxeado. A segunda proposta consiste en representar unha portada dun libro que vos guste e que será conxunta de todo o cole. A continuación tedes a explicación de cada unha:



1ª TAREFA 


Le con moita atención a biografía de Ricardo Carvalho Calero 


Imaxe extraída www.aspitas.gal


   Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo que tiveron cinco fillos máis.
   Ricardo realizou os seus primeiros estudos en Ferrol. Fixo o Bacharelato por libre e os estudos universitarios en Compostela.
   En 1933 casou en Lugo con María Ignacia Ramos Díez, compañeira de estudos universitarios e licenciada en Historia.
   Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, onde coincidiu con Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas...Colaborou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... e é autor de libros de investigación sobre a nosa literatura e o noso idioma.
   O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando republicano. Unha vez terminado o conflito, foi encarcerado, condenado por separatista . En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo)
   En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e como profesor contratado á universidade compostelá, da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.
   Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.
   É autor de Gramática elemental del gallego común e de obras de teatro, poesía e novela.
   Ingresou na Real Academia Galega (RAG) o 17 de maio de 1958 e o seu discurso tratou sobre Rosalía de Castro.

   Pola súa defensa do idioma galego e da nosa cultura, a RAG dedícalle este ano o Día das Letras Galegas.





Agora xa estades preparados e preparadas para resolver o misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero con este xogo de Genially. Tede paciencia para atopar as chaves e a ver se descubrides que agochan os números que vos dan, adiante!








        2ª TAREFA
         Desde o centro pretendemos celebrar xuntos e cunha tarefa común o día das Letras Galegas.
          Consiste en que elixades un libro en galego, o que máis vos guste, e representedes a portada. Podedes facela vós mesmos ou coa vosa familia se vos animades :

👉Disfrazándovos ou caracterizándovos dos personaxes con accesorios, maquillaxe, vestimenta…

👉Ou reproducindo a portada de maneira plástica cunha pintura, un collage ou con cousiñas que tedes por casa: monecos, pezas…

Coas fotografías recibidas farase unha montaxe para publicala na páxina web do cole.
        ANIMÁDEVOS!

Teredes de prazo para facer a vosa portada ata o xoves día 14, data máxima na que poderedes enviar unha foto en formato jpg á dirección de correo electrónico da vosa aula.



INGLÉS
Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela do teu curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario