Estimadas familias,
Como xa manifestamos con
anterioridade neste blogue e por medio da aplicación AbalarMóbil as
circunstancias que estamos a vivir nos centros educativos son inéditas e
extraordinarias en todos os eidos.
Dende que comezou o
Estado de Alarma os docentes estamos a poñer unha serie de ferramentas
telemáticas a disposición do alumnado para que o peche dos colexios non supoña,
canto menos, un paso atrás na evolución académica dos seus fillos e fillas.
Se ben é certo, os recursos dixitais, o acceso aos mesmos e
as circunstancias profesionais e privadas de cada unidade familiar é dispar. Por
este motivo, dende o noso nivel prentendimos que os contidos propostos
semanalmente tivesen un espírito de revisión e non de avance ou progresión xa
que non todos os alumnos e alumnas contan cos medios para desenvolver de xeito
efectivo as actividades propostas.
Nos vindeiros días ou
semanas, segundo vaian sucedendo os acontecementos, o método de traballo dos
centros educativos poderá variar adaptándose ás necesidades que vaian xurdindo.
Polo momento, e seguindo a premisa do Centro Autonómico de Formación e
Innovación de Galicia, as directrices de traballo aconsellan que a planificación
debe facerse por titoría e non por materia
para non sobrecargar ao alumnado. No noso caso, a través do blogue, quixemos integrar
as materias que consideramos capitais para favorecer o seguimento das rutinas
diarias de estudo dos alumnos.
Por outra banda
gustaríanos aproveitar este espazo para facer unha serie de puntualizacións ao
respecto das tarefas:
1. Non é preciso imprimir
ninguna actividade. Todas as actividades que foron subidas ao blogue teñen un
título de entrada coa materia, a semana en curso e os exercicios están
numerados, polo tanto poden levarse a cabo simplemente cun caderno ou folio.
2. Os titores estamos
traballando en conxunto tratando de
elaborar e programar contidos que se adapten a ambos grupos mais, os horarios
dos grupos, as necesidades específicas do alumnado a fase ou estadio no que
cada grupo se atopaba no momento do peche dos colexios é, evidentemente,
distinta. Sen voltar a mencionar a fenda dixital dalgúns alumnos e alumnas.
3. As recomendacións por
parte do profesorado seguen a ser as mesmas: lectura e escritura diaria, repaso
do estudado ata o momento (para iso están as actividades) e emprego dos
dispositivos dixitais de xeito responsable.
4. Por último,
lembrarlles que as actividades propostas son altamente recomendables pero non
teñen caracter avaliable.
Sen outro particular agardamos
que todo vaia ben, agradecemos os ánimos e o apoio que moitos de vostedes nos
están a trasladar e ansiamos que axiña poidamos voltar á normalidade.
Saúdos e saúde.
Segundo Ciclo
No hay comentarios:
Publicar un comentario