INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

sábado, marzo 21

Instrucións sobre as tarefas escolares de 3º e 4º E.P.


Estimadas familias,

Como xa saben estamos a vivir unha situación extraordinaria nos centros educativos polo que os mestres e mestras de 3º e 4º curso de Educación Primaria decidimos abrir este blogue para que os vosos fillos e fillas poidan continuar coa tarefa educativa no fogar na medida do posible.

O primeiro que desexamos é transmitirvos tranquilidade e darvos unhas recomendacións xenéricas para continuar coa rutina académica diaria dos nenos e nenas. 

Neste enlace amosámosvos un artigo escrito polo neuropsicólogo Álvaro Bilbao que mostra certas pautas a ter en conta durante este período, recalcando a importancia de manter as rutinas.

https://alvarobilbao.com/efectos-psicologicos-cuarentena-en-ninos

Lembrade que estas actividades non teñen carácter de avaliables e o máis importante é que o alumnado continúe traballando un pouquiño cada día e non perda o hábito.

Polo tanto, pregámosvos que visitedes este blogue con regularidade para estar ao tanto das entradas e actualizacións que os mestres e mestras do ciclo subiremos a esta plataforma.

Sen outro particular, grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo,

Equipo de Segundo Ciclo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario