3º PRIMARIA
MARTES 28 DE ABRIL
LINGUA GALEGA
A partir desta semana recordade que empezamos no SNAPPET a traballar.
Recordade que podedes entrar en: alumnos.snappet.org
Despois colocades o usuario e clave, e unha vez dentro tedes que ir ás leccións que vos aparecerán.
Hoxe martes 28, comezaremos coa (UNIDADE 1)- LECCIÓN 5 e 6.
Cando entredes na lección teredes 4 apartados.
1 Explicación
2 Práctica
3 Reforzo
4 +
Debedes de facer todos os exercicios de explicación e práctica, e se fallades, podedes facer os de reforzo. Pero para conseguir superar o nivel e ser os mellores, debedes de darlle ao + e facer exercicios ata que vos aparece NIVEL CONSEGUIDO.
NOTA: moito ollo, que cando teñades que escribir algo tedes que colocar ben as maiúsculas e os puntos, senón a proba estará mal feita e vos restará puntos.
CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos a escribir unha lista da compra como a que fai a túa familia.
Despois, clasificaredes os alimentos segundo sexan ricos en hidratos de carbono, en proteínas ou en vitaminas e minerais.
Pensade de que grupo hai máis cantidade de alimentos.
Se tedes algún folleto dalgún supermercado, podedes recortar as imaxes dos alimentos e, incluso, poñer outra columna co precio de cada un deles e sumar as cantidades.
Douvos unha idea de como podedes facer:
Enviaredes a vosa creación aos correos que xa vos dimos a semana pasada dependendo se sodes de 3º A ou 3º B.
-3ºA: sanroqueterceiroa@gmail.com Enviaredes a vosa creación aos correos que xa vos dimos a semana pasada dependendo se sodes de 3º A ou 3º B.
-3ºB: tercerobsanroque@gmail.com
No asunto deberedes poñer: nombre alumno_compra
Por exemplo: silvia_compra o mateo_compra
Aquí deixámosvos un vídeo para que vexades o impacto que provoca a deforestación nos animais. Neste caso moitas marcas de alimentos talan bosques enteiros de palma onde viven os orangutáns. Así conseguen o aceite para facer os seus produtos.
INGLÉS
Visit englishsanroquedarbo.blogspot.com e preme na lapela 3º. Lembrade que, ademais, tedes os enlaces no blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario