INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

jueves, abril 30

4º XOVES 3O ABRIL

LINGUA GALEGA

AS LENDAS:


Unha lenda é un relato de feitos fantásticos que se contan como se fosen certos e que moitas veces pretenden explicar un feito real. Nelas aparece case sempre un personaxe con poderes extraordinarios.
Antigamente as lendas contábanse ao redor do lumen as noites frías de inverno; aprendíanse e repetíanse de memoria, sen que ninguén as escribise.

1. Le esta lenda e contesta:

Por que Galicia ten rías?

Porque cando Deus rematou de facer o mundo, o último que fixo, e o que mellor lle saíu, foi Galicia. Estaba canso, e pousou o cu no mesmo cume do monte Santa Tegra, pero non asentou ben e para non caer e quedar en ridículo, apoiu a man. Co seu peso quedaron marcados os dedos, e o mar entrou por aquelas marcas terra adentro. Os cinco dedos formaron as cinco Rías Baixas: a de Vigo, a de Pontevedra, a de Arousa, a de Muros e Noia, e a de Corcubión e Cee. Ah, pero cando Deus ergueu a man lixada de lama, sacudiuna, e así, segundo os montóns que foron caer no mar fosen grandes ou pequenos naceron as illas Cíes, as Sisargas, Ons e Oncela, Sálvora, Arousa e as outras illas Galegas.

X.Miranda e A,Reigosa. Cando os animais falaban, Edicións Xerais.

  • As rías e as illas das que fala no texto existen realmente. Entón, cal é o feito extraordinario que se conta nesta lenda?
  • Cal é, na lenda anterior, o personaxe “sobrenatural”?






2. Pregunta na casa a ver se son quen de contarche unha lenda. Se queres podes ser ti o que lla contes á túa familia: preme aquí e terás unha serie de lendas galegas. 

Tes para escoller: lendas coruñesas, lendas lucenses, lendas ourensás e lendas pontevedresas. Anímate e bótalle un ollo!



CIENCIAS SOCIAIS

A semana pasada estivemos dándonos un paseo virtual pola Prehistoria. Concretamente viaxamos a Burgos ata os xacementos de Atapuerca.

Esta semana propoñémosche que sigas afondando un pouquiño máis no tema. Sabemos que en Atapuerca fíxose famosa a nivel mundial porque alí atopáronse restos dos primeiros seres humanos. Pero...que sabes disto?

Le esta ficha, xa verás como atopas moita información interesante:





Tamén podes ver este vídeo:



Por último, fai esta actividade. Nela terás que poñerte na pel dun homínido por un día. Bótalle ganas e mándanolo aos mestres para que poidamos abraiarnos ca vosa imaxinación.





Segue este exemplo:

ASUNTO: HOMÍNIDOS-NOME (Exemplo: "HOMÍNIDOS-MANOLO")

Se eres alumno/a de 4ºA: cuartoasanroque@gmail.com
Se eres alumno/a de 4ºB: cuartobsr@gmail.com



INGLÉS

Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.




No hay comentarios:

Publicar un comentario