INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

lunes, abril 13

Ciencias Sociais 4º E.P ( 14 ao 17 de abril)

Esta semana faremos un repaso da hidrografía de España. Lembrádesvos?

Comezaremos por ver este vídeo:

La Eduteca - Los Ríos

Podedes seguir repasando se pinchades AQUÍ. E tamén AQUÍ¡


Se vos fixades no minuto 3:28 do anterior vídeo fálanos das "vertentes hidrográficas". Neste outro vídeo podedes informavos un pouquiño máis sobre o tema:

La Eduteca - Las vertientes fluviales de España


A continuación comprobaremos todo o que sabemos da hidrografía facendo as seguintes actividades:

Os ríos

Para rematar podemos investigar un pouco... Escolle un río calquera da hidrografía  de España e investígao. Podes facer unha ficha técnica cos seguintes datos:

Nome:
Nacemento:
Lugares polo que discorre:
Desembocadura:
Vertente:
Caudal:
Réxime:
Datos curiosos:


No hay comentarios:

Publicar un comentario