How was your Easter break? I hope you are doing well!!
Para esta semana, que voltaríamos das vacacións de semana santa, propóñovos unhas actividades relacionadas con esta celebración nos países de fala inglesa. Así que imos traballar sobre "Easter".
1. Primeiro propóñovos a visualización do seguinte vídeo, no que veredes como unha familia británica celebra esta festividade. Aínda que non entendades todo, non vos preocupedes, apoiádevos nas imaxes!!:
2. A continuación veremos un vídeo con vocabulario relacionado con este tema:
3. Na seguinte actividade escoitaredes, de xeito interactivo, vocabulario sobre Easter e tedes un wordsearch con esas palabras:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/easter
E agora a parte máis divertida...
5. Memory game (como os que adoitamos facer na clase, temos que facer parellas de imaxe coa súa forma escrita):
https://www.mes-games.com/easter.php
6. Debuxamos un Easter Egg con sorpresa seguindo este vídeo tutorial. Probablemente vos custe seguir a explicación oral en inglés, por iso debedes seguir os pasos de forma visual, xa veredes que chulos vos quedan!!
https://www.youtube.com/watch?v=ZDl3PXioJ1s
Se vos apetece mandarme unha foto co resultado, subídea á carpeta de drive que vos deixo no seguinte enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/1L1gKD9C8Hljmh89L1okngfHrYywH8cQs?usp=sharing
E con isto rematamos a semana. Espero que teñades unha boa volta a esta nova rutina tan rara que nos está tocando vivir. Xa teño ganas de ver esas cariñas!!
Greeting
Tamara
No hay comentarios:
Publicar un comentario