1. TAREFA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Comezamos unha nova semana!
Comezamos unha nova semana!
Esta semana adicaremos o luns, o martes, mércores e xoves a traballar un pouquiño sobre o Día das Letras Galegas.
O día das Letras Galegas
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
- Que día e en que mes se celebra o día das Letras Galegas?
- Dende que ano celebramos este día?
- Cantos anos hai dende que se celebra? Lembra que estamos no ano 2020.
- Por que a Real Academia Galega celebra este día?
- Investigade a que escritor imos conmemorar este ano. Dámosvos esta imaxe coma referencia:
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
- Que é o Rexurdimento?
- Que autora escribiu "Cantares Gallegos?
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.
- Cando tivo lugar a primeira reunión da Real Academia Galega?
A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.
O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.
- Quen foi o primeiro presidente da Academia?
2. RELIXIÓN
Lede esta lectura sobre Beatriz e contestade ás preguntas.
2. VALORES
👉Hoxe imos visualizar un corto: "Pajaritos". É unha cortometraxe de Pixar que gañou un Oscar e que ensina un valor tan importante como a tolerancia.
👉Investiga sobre que é a tolerancia e pensa detidamente se a cotío es tolerante cos demais. (aceptando opinións, non sendo agresivo, respectando aos outros/as...).
👉Fai un debuxo cunha acción na que sexas tolerante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario