INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

martes, mayo 19

3º MARTES 19 DE MAIO

1. LINGUA GALEGA
   Esta semana volvemos a traballar con Snappet. Faremos primeiro unha pequena comprensión lectora e despois repasaremos o que son as palabras antónimas.
   Recordade ler varias veces o texto para contestar ben as preguntas. ÁNIMO😉

2. CIENCIAS NATURAIS

Hoxe imos ler para saber un pouco máis sobre a importancia da hixiene. 
SABEDES QUE DEBEDES LER TRES VECES COMO MÍNIMO!👀


Tarefa 1: Contesta as seguintes preguntas no teu caderno/folio.
  • Busca no dicionario o significado da palabra carie, gastroenterite, hixiene e vacina.
  • Explica por que é importante lavar e desinfectar as feridas.
  • Imaxina que o teu amigo morde as uñas. Que argumentos lle darías para que non o fixese?
  • Por que debes lavar os dentes despois de cada comida?
  • Hoxe en día, ademais da gastroenterite, que enfermidade evitamos lavando as nosas mans?
  • Cando saes a dar o paseo diario, tes coidado de non tocar ningunha superficie? Que medidas empregas?
A última pregunta "Cando saes..." enviarédela ao correo da vosa clase. No asunto escribirides: nome alumna_hixiene

Por exemplo: maria_hixiene ou marta_hixiene
    • 3ºA:  sanroqueterceiroa@gmail.com 
    • 3ºB:  tercerobsanroque@gmail.com
Tarefa 2: Fai un cartel para animar a todos a lavar as mans varias veces ao día. Lembra que debe ser en galego. Amosámosvos un exemplo:


*A tarefa 2 NON é obrigatoria enviala. Quen queira pode facelo e faremos un vídeo con todos os carteis que nos amosedes. 

3. ENGLISH

No hay comentarios:

Publicar un comentario