INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

martes, mayo 5

3º MARTES 5 DE MAIO

LINGUA GALEGA

Bos días, nenas e nenos!☀
Esta semana en lingua galega imos reforzar un pouquiño a sílaba e a distinguir cal é a sílaba tónica nas palabras. Traballaremos practicando con Snappet. Teredes dispoñibles as leccións 4 e 5 da unidade 2. 
Non vos esquezades que só faremos os apartados de explicación e práctica.

CIENCIAS NATURAIS

Que son os alimentos?

Os alimentos son esenciais para vivir. Necesitámolos para crecer, levantarnos pola mañá e estar sans, por iso é tan importante alimentarse ben.


Esta alimentación ha de ser variada e proporcional e ha de seguir esta imaxe de pirámide alimenticia que podedes ver aquí.


Os alimentos son todo aquilo que comemos e bebemos. É importante para o noso corpo alimentarse varias veces ao día, por iso se deixamos de facelo, sentiremos sede ou fame. Os alimentos permiten desenvolvernos fisicamente, manter o noso corpo san, manter a calor do corpo, substituír substancias gastadas ou estragadas por outras novas e movernos, estudar, falar…

Tipos de alimentos segundo a súa orixe


Existen tres tipos de alimentos; os de orixe vexetal, animal ou mineral:
  • Orixe vexetal: proceden das plantas, tales como verduras, froitas, cereais ou legumes. 
  • Orixe animal: proceden dos animais, tales como o peixe, as carnes, o leite ou os ovos.
  • Orixe mineral: proceden dos minerais, tales como a auga ou o sal.
Que é iso de "dieta equilibrada"?

Unha dieta equilibrada ha de conter gran cantidade e variedade de alimentos para que as persoas estean sas e fortes. Por este motivo, a dieta ideal cambia segundo a idade ou traballo que teñamos ou a actividade física que desenvolvamos.

Para seguir a pirámide alimenticia para nenos temos que alimentarnos de forma variada e non abusar das carnes ou doces nin esquecer as verduras. É mellor, así mesmo, tomar alimentos frescos e naturais e reducir aqueles envasados.

Que é unha pirámide nutricional?

A pirámide nutricional é unha ferramenta onde se mostra de maneira gráfica e sinxela a través de debuxos ou fotografías dos alimentos e indica que cantidades han de consumirse para seguir unha alimentación saudable.

A forma triangular da pirámide nutricional oriéntanos sobre a frecuencia e as cantidades que debemos consumir de diferentes alimentos.

-Nos primeiros elos, sitúanse os alimentos que máis peso han de ter na alimentación diaria. 

-A partir do segundo nivel, clasifícanse todos os alimentos de consumo habitual. Atopamos os alimentos ricos en hidratos de carbono, como as fariñas ou a pasta, cereais ou tubérculos. 
Estes alimentos que constitúen a base da dieta mediterránea e que deben estar presentes en cada comida principal, o recomendable é que haxa entre catro e seis racións ao día. A cantidade recomendada dependerá da actividade física que realicemos.

-No terceiro nivel da pirámide alimentaria atopamos froitas, verduras e hortalizas. Recoméndase consumir froita fresca entre tres ou catro veces ao día, e verduras e hortalizas de dúas a tres veces ao día. A suma entre estes dous grupos, as froitas e verduras e hortalizas debe ser mínimo de cinco racións ao día.

-No cuarto nivel inclúense alimentos de consumo diario. Alimentos proteicos como lácteos, carnes magras, peixes, ovos, legumes, e tamén os froitos secos. Os lácteos móstranse como un grupo aparte porque ademais de proteínas son a mellor fonte de calcio na nosa dieta e hai que consumilos diariamente, entre dúas e tres racións. E preferiblemente semidesnatados.

-No nivel superior, están aqueles alimentos de consumo ocasional ou opcional. Non é necesario consumilos e en caso de facelo recoméndase que sexa dunha forma ocasional (non máis dunha vez á semana) e moderada. Nesta cúspide da pirámide temos carnes vermellas procesadas, produtos ricos en azucre engadido, (bolería industrial xeados, bebidas azucradas, e as graxas untables como a manteiga ou a margarina.

Tarefa 1: Vídeo:"A pirámide alimenticia"

Tarefa 2: Ides facer unha pirámide alimenticia. Teredes que recortar os alimentos que vos aparecen y colocalos cada un no seu lugar.  
Enviádeo, de forma opcional, ao enderezo electrónico da vosa clase:
-3ºA:  sanroqueterceiroa@gmail.com 
-3ºB:  tercerobsanroque@gmail.com



Poñémosvos un exemplo de pirámide:


Tarefa 3: Envase de atún. Deberás responder ás preguntas, ou, como mínimo, pensalas oralmente.



*O VENRES TEREDES AS RESPOSTAS NO SOLUCIONARIO. NON TEDES QUE ENVIALO.

INGLÉS
Visit https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/search/label/3%C2%BA

No hay comentarios:

Publicar un comentario