INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

viernes, junio 19

3º VENRES 19 DE XUÑO

TAREFA TITORAS DE 3º DO VENRES 

😊Hoxe é o último día de cole virtual. Si, parece estraño dicir isto, pero aínda que este ano foi moi distinto ao que estabamos acostumados/as, estamos seguras de que en setembro voltaremos a poder estar xuntos/as.

😊Agradecemos a todas as familias do noso alumnado o esforzo realizado durantes estes meses. Sabemos que foi moi complicado para todos/as. Gracias pola paciencia e a adicación nesta nova rutina diaria e axudar aos vosos fillos/as en todas as tarefas encomendadas. Foi un novo reto para toda a comunidade educativa. 

😊Desexamos que descansedes, xoguedes e desfrutedes da vosa familia e dos vosos amigos/as. Desconectade! Non os esquezades de ler todos os días un pouquiño e de axudar na casa a facer as tarefas básicas.

HOXE NON HAI TAREFA, XA QUE É O ÚLTIMO DÍA DE COLE. SE ESTIVESEMOS NO COLE FARÍAMOS UNHA FESTA DE DESPEDIDA MAIS COMO NON É ASÍ, DEIXÁMOSVOS A MAÑÁ LIBRE. 

AÍNDA ASÍ, SE ALGÚN/HA DE VÓS QUERE VER UN DOCUMENTAL CHULO AQUÍ VOLO DEIXAMOS.

DOCUMENTAL SORPRESA🙉🐤🐧🐦🐹🐸🐷🐶🐟


AVISO DE INTERESE:

O venres 26 de xuño é o día de recollida do voso material escolar e do boletín de notas que se estipulou no centro para 3º de E.Primaria. O horario de recollida para 3º de Primaria é o seguinte:

👉"3º A" EDUCACIÓN PRIMARIA: VENRES 26 DE XUÑO DE 09:30H A 11:30H.

👉"3º B" EDUCACIÓN PRIMARIA: VENRES 26 DE XUÑO DE 11:30H A 13:30H.

Por favor, tede en conta este horario xa que, se non o respectades non poderedes subir a recoller o material a deshora.

Bo verán! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario