ACTIVIDADES DE NATURAIS 23-27 DE MARZO
Ola!
Esta semana traémosvos dúas propostas relacionadas cos
contidos que se refiren ao ser humano e á saúde.
Como ben investigastes, o exercicio físico ten grandes beneficios
na nosa saúde:
-Fortalece ósos e músculos e fainos áxiles, flexibles e
resistentes.
-Fortalece os nosos aparatos circulatorio e respiratorio,
porque os fai traballar máis á présa.
-Consome enerxía e así previmos a obesidade...
1🏃Velaquí un xogo da oca, pero diferente. Nesta ocasión,
segundo o número no que caiades teredes que facer a actividade física que se
vos propón. Co creativos que sodes, podedes utilizar este ou crear o voso
propio e adaptalo a outros exercicios
que se vos ocorran!
Agardamos que vos guste!
🍏2 Unha boa alimentación é a que inclúe alimentos de todo tipo que acheguen as cantidades adecuadas e necesarias de todas as substancias nutritivas.
Para afondar máis neste tema, aquí tedes uns xogos que vos van axudar a entender os tipos de alimentos e os seus nutrientes.
http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/c/03/index.html
http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u4_act1_gal/frame_prim.swf
http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u4_act1_gal/frame_prim.swf
No hay comentarios:
Publicar un comentario