INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

Mostrando entradas con la etiqueta CN3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CN3. Mostrar todas las entradas

martes, abril 14

Ciencias Naturais 3º primaria 14/04/2020

Ola nenas e nenos!
Hoxe traémosvos unha actividade con diferentes propostas de Teachers for future Spain que é moi interesante e entretida:
  • Teredes a resposta a algunhas das cousiñas que investigastes no anterior traballo.
  • Imos pensar que cousas son básicas neste momento que estamos a vivir.
  • Pararemos a reflexionar como nos sentimos.
  • Escribiremos as profesións das persoas que teñen que saír a traballar para que non nos falte de nada.
  • Buscaredes noticias positivas.
  • E, por último, tedes unha lista de cousas que facer para as que non necesitades materiais especiais, son pequenos retos que tedes que  realizar.


Unha aperta especial das vosas profes, que vos botamos moitísimo de menos!
Carla e Pili🌈

lunes, marzo 30

CIENCIAS NATURAIS: 30 DE MARZO- 2 DE ABRIL

Ola, como vai iso?

Ben, nesta semana imos a investigar un pouquiño sobre o que é unha pandemia.

Sabedes que estamos inmersos nunha pandemia por mor dun virus chamado COVID-19.

Queredes investigar sobre el? Deixámosvos unhas páxinas para que poidades visitar e atopar información sobre el.

https://www.youtube.com/watch?v=prHuClGHtmY
https://www.youtube.com/watch?v=XcDRGkfqPXg
https://www.youtube.com/watch?v=SVQpEiOWIhE
https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus
https://dle.rae.es/
https://academia.gal/dicionario

Esta é a plantilla para facer o traballo:
 PLANTILLA TRABALLO

Boa sorte!. Un abrazo.

Carla e Pili 💚


lunes, marzo 23

CIENCIAS NATURAIS 3º primaria 23-27 DE MARZO



ACTIVIDADES DE NATURAIS 23-27 DE MARZO



Ola!

Esta semana traémosvos dúas propostas relacionadas cos contidos que se refiren ao ser humano e á saúde.

Como ben investigastes, o exercicio físico ten grandes beneficios na nosa saúde:

-Fortalece ósos e músculos e fainos áxiles, flexibles e resistentes.

-Fortalece os nosos aparatos circulatorio e respiratorio, porque os fai traballar máis á présa.

-Consome enerxía e así previmos a obesidade...



1🏃Velaquí un xogo da oca, pero diferente. Nesta ocasión, segundo o número no que caiades teredes que facer a actividade física que se vos propón. Co creativos que sodes, podedes utilizar este ou crear o voso propio  e adaptalo a outros exercicios que se vos ocorran!



Agardamos que vos guste!










🍏2 Unha boa alimentación é a que inclúe alimentos de todo tipo que acheguen as cantidades adecuadas e necesarias de todas as substancias nutritivas. 
Para afondar máis neste tema, aquí tedes uns xogos que vos van axudar a entender os tipos de alimentos e os seus nutrientes.





lunes, marzo 16

CN 3º


  Queremos que esta primeira semana fagades a seguinte tarefa:



  • Facer un cartel cos beneficios do exercicio físico para a saúde dos nenos/as.