Bos días!
 Esta semana convídovos  a investigar as grandes elevacións do terreo, as montañas.
🌍Investiga como se chaman as dúas máis altas de Galicia e canto miden. A continuación situádelas no mapa:
🌏Agora afonda un pouco máis na túa investigación. Busca a montaña máis alta de Galicia, de España e do mundo. Anota as súas altitudes.
🌍Por último, vouvos animar a saír da casa e viaxar a estes cumes que investigastes coa aplicación  Google Earth. Ademais de acceder desde o ordenador, podedes descargala no teléfono móbil tamén.
 Mirade , mándovos unha postal desde o Mulhacén, o pico máis alto da Península Ibérica, con 3482 metros de altitude.
 Premede a opción 3D e gozade do mundo enteiro!


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario