Hello guys!!
How are you? I hope everything is ok.
Para esta semana, que sería a última antes das vacacións, déixovos unha actividade de repaso de todo o que levamos dado este curso.
Trátase dun Kahoot. Por se algún de vós nunca o usou, é un xogo no que hay preguntas e tedes que escoller a resposta correcta. Para elo tedes 60 segundos por pregunta, así que pensádeas con calma pero...ollo ao cronómetro!
Para poder xogar podedes facelo desde o ordenador entrando na páxina web https://kahoot.it/ ou tamén desde a tablet ou móbil, descargando a app chamada "Kahoot".
Podedes entrar no Kahoot que creei pulsando directamente no enlace que vos poño a continuación, ou ben introducindo o PIN que vos deixo:
https://kahoot.it/challenge/089655?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1585557318776
PIN: 089655
Este Kahoot estará activo ata o xoves, 2 de abril, ás 14.00h. Polo tanto, tedes que facelo antes! Segundo o vaiades facendo a min chegaranme os vosos resultados.
Ademais deste Kahoot, esta semana deberedes rematar as actividades que vos propuxen ata agora se aínda non o fixestes.
A maiores, vouvos colgar nos seguintes enlaces uns contos en inglés por se vos apetece lelos estes días. Haberá palabras que non entendades, non vos preocupedes, vós intentade comprender o significado xeral, e se o credes oportuno, sempre podedes consultar algunha palabra no diccionario online "Wordreference":
https://www.wordreference.com/
Contos:
"Charlie the firefighter": https://drive.google.com/file/d/1CUBFz5KSOiReQF3PF6OtZs-zSAL4Ex-k/view?usp=sharing
"The zoo vet": https://drive.google.com/file/d/1LCJavbrW8aZIR4FxU8VuIvgQTfqbjpnM/view?usp=sharing
Goodbye and take care!
Tamara
No entender
ResponderEliminar