Como vai todo?? Espero que moi ben desde as vosas casas!
Como levades as actividades que vos mandei a semana pasada? Se aínda non as rematastes non pasa nada, facédeas con calma e esforzándovos.
Por se algún xa rematou, para esta semana mándovos outra pequena tarefa que podedes facer na libreta ou nunha folla. É moi sinxela. Trátase de:
1º. Escribir a data completa (con letra)
2º. Escribir o tempo que fai hoxe e a estación na que estamos
(Esta é a rutina que facemos sempre en clase co calendario magnético)
3º. Escribir nunha lista vertical as profesións que estudamos na clase e engadir 3 máis.
4º. Ao lado do nome de cada profesión escribir dúas frases, unha en afirmativa e outra en negativa sobre cada un dos oficios. Por exemplo:
- Nurse: She works with sick people. She doesn´t work outdoors.
5º. Escribir que queres ser ti de maior seguindo este exemplo:
- When I grow up, I want to be a... (doctor, farmer, architect, etc.)
6º. Debúxate de maior nesa profesión e escribe a roupa que levas posta nese traballo. Por exemplo:
- I wear white shoes, blue trousers, white coat and yellow hat.
Iso é todo! Así que esta semana ide facendo as actividades que vos mandei a semana pasada (se aínda non as rematastes) e estas que vos mando agora. A semana que ven farei outra entrada e colgareivos un Kahoot de repaso de todo o que levamos visto ata agora, así que mans á obra!
Saúdos, stay safe!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario