INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

Mostrando entradas con la etiqueta INGLES4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INGLES4. Mostrar todas las entradas

miércoles, abril 15

English 4º Week 14-17th April (2 clases)

Hello guys!

How was your Easter break? I hope you are doing well!!

Para esta semana, que voltaríamos das vacacións de semana santa, propóñovos unhas actividades relacionadas con esta celebración nos países de fala inglesa. Así que imos traballar sobre "Easter".

1. Primeiro propóñovos a visualización do seguinte vídeo, no que veredes como unha familia británica celebra esta festividade. Aínda que non entendades todo, non vos preocupedes, apoiádevos nas imaxes!!:



2. A continuación veremos un vídeo con vocabulario relacionado con este tema:


3. Na seguinte actividade escoitaredes, de xeito interactivo, vocabulario sobre Easter e tedes un wordsearch con esas palabras:



4. Despois teremos unha nova actividade nada que relacionaremos a imaxe coa súa forma escrita:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/easter

E agora a parte máis divertida...

5. Memory game (como os que adoitamos facer na clase, temos que facer parellas de imaxe coa súa forma escrita):

https://www.mes-games.com/easter.php

6. Debuxamos un Easter Egg con sorpresa seguindo este vídeo tutorial. Probablemente vos custe seguir a explicación oral en inglés, por iso debedes seguir os pasos de forma visual, xa veredes que chulos vos quedan!!

https://www.youtube.com/watch?v=ZDl3PXioJ1s

Se vos apetece mandarme unha foto co resultado, subídea á carpeta de drive que vos deixo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1L1gKD9C8Hljmh89L1okngfHrYywH8cQs?usp=sharing

E con isto rematamos a semana. Espero que teñades unha boa volta a esta nova rutina tan rara que nos está tocando vivir. Xa teño ganas de ver esas cariñas!!

Greeting

Tamara

lunes, marzo 30

English 4º (semana do 30 de marzo ao 2 de abril)

Hello guys!!

How are you? I hope everything is ok.

Para esta semana, que sería a última antes das vacacións, déixovos unha actividade de repaso de todo o que levamos dado este curso.

Trátase dun Kahoot. Por se algún de vós nunca o usou, é un xogo no que hay preguntas e tedes que escoller a resposta correcta. Para elo tedes 60 segundos por pregunta, así que pensádeas con calma pero...ollo ao cronómetro!

Para poder xogar podedes facelo desde o ordenador entrando na páxina web https://kahoot.it/ ou tamén desde a tablet ou móbil, descargando a app chamada "Kahoot".

Podedes entrar no Kahoot que creei pulsando directamente no enlace que vos poño a continuación, ou ben introducindo o PIN que vos deixo:

https://kahoot.it/challenge/089655?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1585557318776

PIN: 089655

Este Kahoot estará activo ata o xoves, 2 de abril, ás 14.00h. Polo tanto, tedes que facelo antes! Segundo o vaiades facendo a min chegaranme os vosos resultados.

Ademais deste Kahoot, esta semana deberedes rematar as actividades que vos propuxen ata agora se aínda non o fixestes.

 A maiores, vouvos colgar nos seguintes enlaces uns contos en inglés por se vos apetece lelos estes días. Haberá palabras que non entendades, non vos preocupedes, vós intentade comprender o significado xeral, e se o credes oportuno, sempre podedes consultar algunha palabra no diccionario online "Wordreference":

https://www.wordreference.com/

Contos:

"Charlie the firefighter": https://drive.google.com/file/d/1CUBFz5KSOiReQF3PF6OtZs-zSAL4Ex-k/view?usp=sharing

"The zoo vet": https://drive.google.com/file/d/1LCJavbrW8aZIR4FxU8VuIvgQTfqbjpnM/view?usp=sharing

Goodbye and take care!

Tamara

miércoles, marzo 25

Tarefa Inglés semana 23 a 27 de marzo

Bos días moz@s!

Como vai todo?? Espero que moi ben desde as vosas casas!

Como levades as actividades que vos mandei a semana pasada? Se aínda non as rematastes non pasa nada, facédeas con calma e esforzándovos.

Por se algún xa rematou, para esta semana mándovos outra pequena tarefa que podedes facer na libreta ou nunha folla. É moi sinxela. Trátase de:

1º. Escribir a data completa (con letra)

2º. Escribir o tempo que fai hoxe e a estación na que estamos
(Esta é a rutina que facemos sempre en clase co calendario magnético)

3º. Escribir nunha lista vertical as profesións que estudamos na clase e engadir 3 máis.

4º. Ao lado do nome de cada profesión escribir dúas frases, unha en afirmativa e outra en negativa sobre cada un dos oficios. Por exemplo:
  • Nurse: She works with sick people. She doesn´t work outdoors.

5º. Escribir que queres ser ti de maior seguindo este exemplo:
  • When I grow up, I want to be a... (doctor, farmer, architect, etc.)

6º. Debúxate de maior nesa profesión e escribe a roupa que levas posta nese traballo. Por exemplo:
  • I wear white shoes, blue trousers, white coat and yellow hat.

Iso é todo! Así que esta semana ide facendo as actividades que vos mandei a semana pasada (se aínda non as rematastes) e estas que vos mando agora. A semana que ven farei outra entrada e colgareivos un Kahoot de repaso de todo o que levamos visto ata agora, así que mans á obra!

Saúdos, stay safe!!

Claves Acceso Inglés Richmond GO!

Good morning children!

Como estades??

As teachers Tamara e Cintia queremos darvos un aviso. Por se non vistes a web do cole esta semana, colgamos unha información importante sobre a plataforma online de Richmond Go!

Aínda que cada un de vós ten unha clave persoal que ven co voso Activity Book, a editorial proporcionounos unha clave universal que podedes empregar todos. Deste xeito teredes acceso a máis contidos, aos vídeos, historias, ao students book e maior número de actividades que coa clave que xa tedes. Esta clave é:

http://www.go.richmonddigital.net/  

USERNAME: richmond2020
PASSWORD:  richmond

Ademais de acceder aos recursos do voso curso, tamén poderedes acceder aos de cursos pasados, por se queredes repasar e practicar contidos doutros anos.

Esperamos que vos sexa útil e que gocedes practicando inglés desde a casa.

Unha aperta

Cintia e Tamara

domingo, marzo 15

INGLÉS 4º

Good afternoon children!!

How are you today??

Espero que todo vaia ben, moz@s! Pásome por aquí para contarvos as actividades que tedes que ir facendo estos diíñas na casa para a materia de inglés.

1. A través da aplicación online do libro, cos códigos que xa tiñades, podedes repasar as cancións e facer as actividades propostas dos temas 1, 2 e 3.

2. Adxúntovos unha fichiña de repaso do tema 3, que xusto rematamos a semana pasada. Podedes facela na libreta ou nunha folla simplemente escribindo as respostas, ou se preferides e tedes oportunidade, tamén a podedes imprimir. De calquera xeito vale.

https://drive.google.com/open?id=1ZqSeLFPzD_1O-JC_0TDAMozKZd9FTQxn

3. Actividades online de repaso sobre os seguintes aspectos traballados:

Jobs - Traballos:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/jobs-1

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/jobs-2

Vídeo con xogo posterior: https://learnenglishkids.britishcouncil.org/spell/the-super-jobs

Vídeo Firefighters' job:https://learnenglishkids.britishcouncil.org/spell/the-super-jobs


Present simple:

https://es.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/Present_Simple/Simple_Present_Tense_listening_Exercise_mc6962bl

https://es.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/Present_Simple/Present_simple_affirmatives_bv4374gf

https://es.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/Present_Simple/Present_simple_-_positive_and_negative_sentences_-_part_1_ep5442xn


Review "Telling the time" - Repaso das horas:

https://www.gamestolearnenglish.com/telling-the-time/

https://agendaweb.org/exercises/vocabulary/time/time-1

https://agendaweb.org/exercises/vocabulary/audio/time/time-1

Por último, se vos apetece seguir practicando inglés, recoméndovos a app "Duolingo". Podedes descargala en tablet, móbil ou ordenador. Só vos tedes que rexistrar, escoller inglés como idioma e... a practicar!! Estou segura de que vos vai gustar moito e é un repaso xenial de todo o que xa sabedes ata agora.

Con isto tedes suficiente traballo para estes días. Non é necesario que o fagades todo de golpe, podedes ir facendo unha actividade cada día.

See you soon. Take care!! :)

Tamara