INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

jueves, abril 23

3º XOVES 23 ABRIL

3º PRIMARIA

XOVES 23 DE ABRIL

L.GALEGA

O diálogo: "Ánimo, a dialogar"


C.SOCIAIS
En Ciencias Sociais imos comezar unha viaxe ó país do mundo que ti decidas e cada semana faremos unha actividade relacionada con ese lugar. Preparados e preparadas? Collede no enlace a vosa tarxeta de embarque personalizada e arrancamos! Tarxetas de embarque dos nenos e nenas de 3º do CEIP San Roque de Darbo




1ª semana
Elixide un país ó que queirades viaxar, que vos chame a atención. Para axudarche, podes preguntar á túa familia, buscar un mapa ou unha bóla do mundo e deixar caer o teu dedo nun punto ó azar ou botalo a sortes se non te decides!

Agora responde a estas cuestións, podes ter este esquema nun primeiro momento pero despois anímate a elaboralo e redactalo para que quede recollido a modo de texto.

Por exemplo: O país que elixín foi... As razóns que me levaron a decidirme por el foron...

Ademais, estaría ben que acompañarades o traballo con mapas, imaxes ou debuxos.

Esta semana debe conter os seguintes puntos:
  • Que país elixiches e as razóns polas que o fixeches.
  • A súa capital.
  • Número de habitantes.
  • Onde está :a súa situación, os países cos que limita continente ó que pertence.
  • Con quen vas ir de viaxe.
  • Cantos días.
Enviade esta actividade tanto se sodes de 3ºA como de 3ºB á conta de correo sanroqueterceiroa@gmail.com. O prazo será semanal, é dicir, teredes de prazo unha semana para entregala. Se tedes alguna dúbida, podedes consultarme tamén no correo.
Suxestións: se queredes, a medida que imos avanzando podedes ir recollendo a modo de mapa visual nunha parede da vosa casa todas as investigacións que ides facendo con imaxes, debuxos, notas...

INGLÉS




No hay comentarios:

Publicar un comentario