INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

jueves, abril 23

4º XOVES 23 ABRIL


L.GALEGA


Sabes o que é un “xiro idiomático”? Os xiros idiomáticos son expresións propias dunha lingua cun significado unitario que non pode deducirse do significado das palabras que os forman e que carece de tradución literal noutra lingua. 

Noutras palabras: un xiro idiomático son frases feitas que teñén un significado distinto do que amosan as palabras. 

Por exemplo, seguro que algunha vez escoitaches “Nunca choveu que non escampase” ou “Ser ruín coma a fame”. Ambas son xiros idiomáticos. Expresións que queren dicir outras cousas, como neste caso:
“Nunca choveu que non escampase” = TODOS OS MALES TEÑEN REMEDIO
“Ser ruín coma a fame” = SER MALA PERSOA


A continuación, propoñémosche que inventes unha historia curta na que ti sexas o protagonista e que empregues alomenos 5 xiros idiomáticos. Despois cóntalla aos teus familiares. 







C.SOCIAIS

Como por agora non podemos saír a pasear, que vos parece se damos un paseo virtual pola Prehistoria?

Coñecedes o Xacemento de Atapuerca? Preme aquí e verás!

Nesa mesma páxina web pode atopar moita información sobre o xacemento de Atapuerca e mesmo unha serie de exercicios moi chulos que podedes facer se queredes. Preme aquí se se queres botar unha ollada.

Por último lee esta ficha con atención. A semana que ven continuaremos traballando máis sobre este tema. 





INGLÉS


Visita https://englishsanroquedarbo.blogspot.com/ e preme na lapela de 4º E.P.



No hay comentarios:

Publicar un comentario