INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS A 17 DE ABRIL

INSTRUCIÓNS ACTUALIZADAS

jueves, abril 23

FELIZ DÍA DO LIBRO

POR QUE A LECTURA É MÁIS IMPORTANTE AGORA QUE NUNCA?

Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.

Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler.  É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura.

A través da lectura e a celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, o 23 de abril, podemos abrirnos aos demais a pesar da distancia, e viaxar grazas á imaxinación.

Por este motivo, dende o Equipo de Biblioteca proponse unha actividade que de seguro farache pensar nese libro que tanto che gusta. Bótalle un ollo¡




Día do Libro no MARCO: Xoves 23 de abril 2020
O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa
“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)
Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.
Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!
Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas…
Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida???
Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos.
Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…

No hay comentarios:

Publicar un comentario